Axuda
Actualmente, a nosa tenda en liña só realiza entregas en Vigo.
No momento de completar a súa compra, terá que proporcionarnos unha dirección de entrega. Se o seu código postal se atopa fóra da zona de entrega, só estará dispoñible a opción de recoller o seu pedido na nosa tenda. Se o seu código postal se atopa dentro da zona de entrega, ademais poderá escoller a opción de entrega a domicilio.
Cando vostede escolle a opción de recoller o seu pedido na nosa tenda, coa súa compra ofrecémoslle 30 minutos de aparcamento gratuíto no aparcadoiro da Avda. Castelao. Desta maneira poderá recoller o seu pedido coa maior comodidade posible.
Neste momento, os códigos postais que se atopen dentro da nosa zona de entrega son: – 36201, 36202, 36203, 36204, 36205, 36208, 36209, 36210, 36211, 36212.
Non. Pode realizar pedidos por calquera importe, aínda que terá que aboar os gastos de envío se o importe do seu pedido non alcanza unha certa cantidade e escolle a opción de entrega a domicilio.
Os gastos de envío calcularanse automaticamente no momento en que nos proporcione a súa dirección de entrega. Durante este mes, e como oferta promocional, poderá gozar de gastos de envío gratuítos.
Por agora, a única modalidade de pago que aceptamos é o pago contra reembolso. O pagamento debe facerse efectivo no momento da entrega da mercadoría.
Por norma xeral, os pedidos recibidos antes das 0:00h serán entregados ao día seguinte, pero recorde que pode especificar outra data de entrega no momento de completar a súa compra. Se quere asegurarse de que estará en casa cando chegue o noso repartidor, por favor, indíquenos tamén a hora na que prefire que lle entreguemos o seu pedido. Se escolle a opción de recoller o seu pedido na nosa tenda, ao seleccionar a data de entrega desexada nos estará indicando cando desexa pasar a recoller o seu pedido na nosa tenda.
O noso horario habitual de entrega na Zona Centro é de 13:30 a 16:00h de luns a sábado, ambos os días inclusive. Nas Aforas, as entregas realízanse polas tardes. Os pedidos cuxa data de entrega coincidan cun día non laborable serán entregados o seguinte día laborable. Se o noso horario non se adapta ás súas necesidades, póñase en contacto connosco e intentaremos darlle unha solución.
Depende do tipo de produtos que adquiriu. Por exemplo, se compra un quilo de laranxas, intentaremos axustar o peso o máximo posible, pero debido ao tamaño das pezas sempre pode haber unha certa variación. No momento de empaquetar o seu pedido, teremos en conta estas diferenzas e, no caso necesario, axustaremos o prezo ao peso exacto dos produtos adquiridos.s.