Sobre nós

E somos unha empresa de alimentación especializada na venda ao miúdo de froitas e hortalizas frescas de primeira calidade.
Comezamos a funcionar nun pequeno local (nº10) do Centro Comercial 3 Plaza América a comezos dos anos 80, baixo o nome de Frutas Manuela. Manuela foi a persoa que deu comezo a este negocio familiar coa axuda do seu marido Manolo, e dirixiuno ata finais dos anos 90. Nese momento, Paco, o fillo, uniu forzas coa súa nai e constituíron Froitas Xeitosiña S.L. Nesta nova etapa, ampliaron as instalacións coa adquisición de dous locais máis, o nº 9 e o nº 11, e engadiron dúas cámaras de conservación: unha para a froita e outra para as verduras e hortalizas, equipadas cun sistema de vaporización para manter a frescura do produto.
Co obxectivo de ofrecer un mellor servizo ao cliente, e como consecuencia da súa demanda, a empresa incorporou dous empregados e comezou a ofrecer servizo a domicilio e pedidos por teléfono. Agora, estamos dando os primeiros pasos nas novas tecnoloxías coa creación dunha tenda en liña.
A nosa xornada laboral comeza ás 4:00 da mañá, de luns a sábado, para asegurarnos de obter os mellores e máis frescos produtos. Entre as 7:00 e as 9:00 montamos a tenda de froitas e a partir das 9:00 atendemos aos nosos clientes e preparamos os pedidos, que comezamos a entregar ao redor das 14:00. O noso horario de peche é aproximadamente ás 16:00. Non abrimos polas tardes, agás os venres e a véspera de datas festivas importantes.

Carriño da compra
Abrir chat
¡Contacta con nosotros ahora mismo!